LUG / ÁREA SOCIAL / CONCURSOS / CREA A MASCOTA DO CD LUGO

"CREA A MASCOTA DO CD LUGO"

• O concurso terá coma obxectivo o deseño da mascota oficial de Club Deportivo Lugo e desenrolarase a partir do luns 12 de novembro ata o venres 14 de decembro.

• Dirixido a todas as alumnas e alumnos de primaria dos centros escolares da provincia de Lugo (participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos).

• A temática da mesma estará inspirada na simboloxía galega, os emblemas e iconas máis representantivos da nosa provincia e da Comunidade Autonóma (dende todos os puntos de vista): monumentos, gastronomía, mitoloxía, …

• Non só tratará sobre deseñar o concepto da mascota, senón tamén sobre poñerlle o nome á mesma.

• Todos os dibuxos deberán realizarse a man.

• O deseño seleccionado confeccionarase de maneira real e pasará a ser a mascota oficial de CD Lugo.

• Todos os debuxos faranse nos diferentes centros escolares e únicamente se admitirá un debuxo por neno.

• Os debuxos estarán identificados co nome do centro, o nome do neno, idade, enderezo e teléfono do concursante e haberá un espazo destinado a autorización do pai/nai (estes datos utilizaranse aos únicos efectos de localizar aos gañadores. Rematado o concurso, os datos serán destruidos).

• Haberá unha primeira selección de 3 debuxos finalistas dos que sairá o ganador final. O vencedor obterá un lote de artículos oficiais de CD Lugo.

• O xurado que determinará o ganador estará composto por representantes do entorno de Club Deportivo Lugo (medios de comunicación, institución e empresas relacionadas).

• A entrega do premio terá lugar o día 22 de decembro de 2018, coincidindo co último partido de liga do ano no Estadio Anxo Carro.

• Todos os debuxos pasarán a ser propiedade de Club Deportivo Lugo, reservándose todos os dereitos sobre os mesmos.