• O concurso terá como obxecto o deseño da comunicación oficial dun partido que Club Deportivo Lugo despute no Estadio Anxo Carro e desenrolarase a partir do luns 12 de novembro ata o venres 14 de decembro.

• No mesmo teránse que identificar os datos principais que conten un cartel deste tipo: equipos que o desputan “CD Lugo Vs. RC Deportivo”, data e hora (aínda por determinar definitivamente – Domingo. 19.05.190), lugar: Estadio Anxo Carro, deseño do concepto e eslogan correspondente.

• Todos os debuxos deberán realizarse a man.

• O deseño ganador será publicado a través das canles oficiais de CD Lugo (Web e RRSS), así coma prensa escrita.

• Dirixido a todas e todos os alumnos de primaria dos centros escolares da provincia de Lugo (participantes con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos)

• A temática do mesmo irá inspirado no lema de campaña desta temporada “A Unión Fai Forza”.

• Todos os debuxos faranse nos diferentes centros escolares, admitindo un único debuxo por neno.
• Os debuxos deberán estar identificados con nome do centro, o nome do neno, idade, enderezo e teléfono do concursnate e haberá un espazo para a autorización do pai/nai ((estos datos utilizaranse aos únicos efectos de localizar aos gañadores. Rematado o concurso, os datos serán destruidos).

• Haberá unha primeira selección de 3 debuxos finalistas dos que sairá o ganador final. O vencedor obterá un lote de artículos oficiais de CD Lugo.

• O xurado determinará o ganador estará composto por representantes do entorno de Club Deportivo Lugo (medios de comunicación, institución e empresas relacionadas).

• A entrega do premio terá lugar o día 22 de decembro de 2018, coincidindo co último partido de liga do ano no Estadio Anxo Carro.

• Todos os debuxos pasarán a ser propiedade de Club Deportivo Lugos, reservándose todos os dereitos sobre os mesmos.