LUG / NOTICIAS

Albivermellos dende o berce

Os bebes nados no 2019 nos centros de Lugo, Cervo e Monforte xestionados polo EXOI recibirán o carnet biberón e agasallos do CD Lugo

18/12/2018 14:13

O CD Lugo e a Estructura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo asinaron esta mañán un convenio de colaboración mediante o que o clube albivermello dará a benvida aos bebés nados no 2019 e a sus familias nos complexos sanitarios de Lugo, Monforte e Cervo administrados pola EOXI.

Na presentación do acordo estiveron presentes o Xerente da EOXI, Ramón Ares, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. O máximo dirixente albivermello que agradeceu "a enorme colaboración de Ramón e a súa xerencia para levar este acordo adiante", destacou a importancia deste convenio para o futuro do clube: "Dende o Club Deportivo Lugo miramos o porvir con ilusión e con gañas de sumar a todos os bebés lucenses ao sentimento albivermello. Para unha entidade deportiva non hai nada máis importante que xerar sentimento de pertenza entre a comunidade e os individuos que a conforman. Ademáis de nosa actividade profesional, na nosa filosofía diaria esta devolver a sociedade en forma de valores e boas prácticas todo aquelo que nos aporta. Entre elas esta o fomento da práctica do deporte, un interés que compartimos con organizacións e institución como o SERGAS, que tamén ten entre os seus obxectivos o integrarse na sociedade do seu entorno."

Entrega especial ao primeiro bebé lucense do ano

Os nados neste 2019 terán unha benvida especial cun carnet de socio biberón, un documento simbólico, que será a súa benvida a familia Albivermella. Igualmente os proxenitores  recibirán unha carta de felicitación, un obsequio de dúas entradas para que podan vir ao Anxo Carro a un partido e un agasallo para o bebé do clube que poderán recoller na tenda oficial. No caso do primeiro bebé nado nun dos tres centros o clube fará unha entrega especial de forma presencial de todos os agasallos.

Para o CD Lugo e un motivo de gran ledicia anunciar este acordo que será de gran axuda para seguir sumando efectivos á nosa familia dende o berce. Un xeito de poder contaxiar a paixón albivermella dende ben cedo para que as novas xeracións sintan o equipo da cidade ainda máis preto.