LUG / NOTICIAS

CAMPUS DE VERÁN 2018

Sarria, Chantada, Burela, Maniños y Lugo acollerán os CDLU CAMP nos meses de Xullo e Agosto

14/05/2018 10:02

Unha entidade deportiva coma o CD Lugo non debe quedarse na obtención de resultados, senón que ten a obriga de aproveitar a súa repercusión social para facer chegar os valores propios da práctica deportiva ao seu entorno máis próximo.

Con esta intención xurden os CDLUCAMP, os Campus de fútbol que organiza o CD Lugo. Pretenden, co deporte coma protagonista, difundir os valores propios da entidade non so na cidade de Lugo senón tamén en toda a súa provincia.

A solidaridade, o esforzo, a igualdade, as habilidades sociais ou a cultura do esforzo serán o eixo tranversal que servirá de nexo entre as distintas actividades que compoñen os CDLUCAMP, nos que, ademáis, se pretende concienciar aos participantes sobre conductas socialmente relevantes coma a protección do medio ambiente ou os hábitos saludables de vida.

Tras dous anos de vida, os Campus de Verán xa son un clásico do período de vacacións. De forma paralela ao Clube, os CDLU CAMP seguen  crecendo, consolidandose as expereiencias de Burela e Chantada iniciadas no verán de 2017 e, por outro lado, vendo coma se suman novas sedes: Sarria e,  saíndo da provincia por primeira vez, na vila de Maniños, no Concello de Fene.

Este crecemento non sería posible sen a Deputación Provincial de Lugo, os distintos Concellos que acollen os Campus, os Clubes colaboradores e, sobre todo, sen os nenos e nenas participantes. 

Para máis información:

www.cdlucamp.org

eventos@cdlugo.com

647 317 190

LUG / AGENDA

24 MAY

10:30h · ESTADIO ANXO CARRO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

25 MAY

10:30h · O CEAO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

26 MAY

10:30h · O CEAO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

27 MAY

20:30H · Estadio de Vallecas

Partido

Jornada 41 Rayo Vallecano - CD Lugo

Ver agenda