LUG / NOTICIAS

Miguel Vieira: "En xogo estarán tres puntos moi importantes para a nosa moral"

O defensa de Amarante suliñou a relevancia do partido fronte a un "rival directo" como o Real Zaragoza

Volver

06/02/2019 13:33

O CD Lugo completou esta mañá a segunda sesión de preparación de cara ao encontro do vindeiro sábado fronte o Real Zaragoza. Os Albivermello traballaron no escenario do encontro, o estadio Anxo Carro, coas ausencias de Leuko que se encontra avanzando no seu cuarto mes de recuperación e de Luis Ruiz, que fixo traballo co readaptador.

Despois do adestramento o central portugués Miguel Vieira atendeu aos medios de comunicación en rolda de prensa. O defensor de Amrante destacou a importancia dos tres puntos en xogo fronte a un "rival directo" como o Real Zaragoza