LUG / NOTICIAS

Non é loitar...É loitemos!!

O equipo precisa das forzas da su afección. Dispoñibles para os socios packs de 2 entradas a prezo reducido para o CD Lugo-Lorca FC

16/04/2018 13:22

Non é o mesmo xogar que xogemos, como non é igual loitar que loitemos. O CD Lugo afronta os seús últimos catro encontros no Anxo Carro e precisa das forzas da su afección para buscar a vitoria. Estos partidos xogámolos todos e loitámolos todos, bancada e equipo teñen que ser un.  

 

Con ese obxectivo os abonados terán a súa disposición, dende o luns 16 de abril, packs de 2 entradas a prezo reducido para o CD Lugo-Lorca FC que se disputará o vindeiro domingo 22 as 18.00 horas. Os packs de 2 entradas para General e Fondo terán un custo de 5 euros, mentres que mercar un de Tribuna e Preferencia suporá 10 euros. As entradas serán da mesma zona do abonado ata completar o aforo.

Os billetes poderanse retirar ata o venres 20 na Oficina do Club no Estadio Anxo Carro, en horario de 9:30 a 14:00 e 16:00 a 19:30 e na tenda oficial CDLU Store (Pza de Bretaña 22) en horario de 10:30 a 14:00 e 16:30 a 20:00. 

 

As entradas para o público Xeral terán o seguinte custo: 

Preferencia e Tribuna: 20 €

Fondos: 15 €

General: 10€