LUG / NOTICIAS

O CD Lugo en Negro contra As Violencias

O clube súmase á campaña que busca concienciar na loita contra a violencia machista

23/11/2018 19:16

O CD Lugo súmase á campaña "En Negro contra As Violencias" que, ó longo da xeografía galega, busca concienciar na loita contra a violencia machista na fin de semana do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller. 

Dende o 23 de novembro, xornada elixida polas intitucions para comezar coa campaña de concienciación con distintas iniciativas, o CD Lugo mudou a cor da súa web, e redes sociais como símbolo de apoio a campaña.

Antes do #LugoCórdoba os xogadores, tanto de CD Lugo como Córdoba CF, saíran ó terreo de xogo portando unha camiseta co lema de campaña e ademais sosterán unha pancarta de apoio á mesma.