LUG / NOTICIAS

O CD Lugo estrea centro de adestramento en Foz

O clube leva a súa metodoloxía ata a costa lucense

Volver

04/09/2019 19:21

A Mariña e Lugo ainda máis preto. O CD Lugo continúa coa sua aposta por enraizar as súas cores en tódala provincia e ven de estrear un centro de adestramento en FOZ. Un xeito de levar o sua metodoloxía ata a costa lucense para que os cativos e catias poidan desfrutar da formación futbolísticas e de valores do clube albivermello.

Coa presenza da concelleira de deportes de Foz, Gemma Méndez Leivas, e con Hugo Rama como padriño, esta tarde comezaron no Campo Municipal de Foz os adestramentos dos pequenos albivermellos xunto aos monitores e adestradores que os acompañaran durante todo o ano. Coa creación deste centro o clube pretende descargar de desprazamentos aos pequenos que foman parte das categorías inferiores do CD Lugo. Unha forma de fomentar o traballo cerca do seu entorno e aumentar a motivación durante a sua etapa de formación. Os pequenos ata categoría cadete adestrarán 2 días (luns e mércores) en Foz e un día (venres) en Lugo xunto ao resto dos seus compañeiros. Tamen participan nesta experienza outros xogadores invitados polo clube que militan en distintos clubes de A Mariña.

O proxecto xurde co apoio do Concello de Foz e coa colaboración do CD Foz e AD Santiago de Foz.