LUG / NOTICIAS

O CD Lugo rexeita as violencias machistas

O club súmase as distintas iniciativas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para amosar a sua repulsa ante esta lacra

25/11/2017 10:51

O CD Lugo quere mostrar a su máis absoluta repulsa a todo xeito de violencia machista e calquera actitude que atente contra a integridade das mulleres.  

Xogadores, técnicos e empregados do club partiparán de forma activa en distintas actividades para concienciar sobre o problema que supon este tipo de violencias. O Club Deportivo Lugo difundirá a través dos seus canais oficiais un vídeo protagonizado por distintos xogadores da primeira plantilla, no que nas suas linguas maternas (galego, castelán, euskera, catalán, ucraíno, francés e inglés) mostran a sua repulsa ante este feito.

O club súmase esta fin de semana as iniciativas impulsadas por Concello de Lugo e Deputación de Lugo contra as violencias de xénero.O equipo sairá este domingo o terreo de xogo, antes de medirse a Osasuna, cunha camiseta co lema "Lugo en negro", da campaña "En negro contra as violencia machistas" a que se adheriron máis de 75 concellos de Galicia.

Ademáis, en apoio o convenio asinado entre Xunta e Real Federación Galega de Fútbol para impulsar a loita contra este tipo de violencias, o círculo central estará ocupado por unha lona cun lazo violeta, símbolo da loita contra a violencia de xénero. Tamén esta prevista, antes do partido, a emisión nos videomarcardores do spot da campaña da Xunta de Galicia con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.