LUG / NOTICIAS

O PM Friol CD Lugo inicia a súa campaña de captación de xogadoras

As sesións comezarán este xoves ás 19:30 no Campo Municipal A Reigosa

Volver

10/06/2019 13:39

O PM Friol CD Lugo inicia unha campaña de captación de xogadoras para os seus equipos. As sesións comezarán o 13 de xuño ás 19:30 no Campo Municipal A Reigosa (Friol) e se celebrarán todos os xoves ata o 4 de xullo.

Nas xornadas poderán participar futbolistas nadas antes do 2011, incluído as de categoría sénior. Para todas aquelas xogadoras que militen nalgún club será obrigatorio presentar unha autorización do mesmo a participar nesta actividade. 

Calquera dúbida ou cuestión poderá ser resolta contactando co número 636 37 81 10