LUG / NOTICIAS

Os xogadores do CD Lugo visitarán a máis de 800 escolares da Mariña

O equipo acudirá a 8 colexios da zona acompañados polas xogadoras e xogadores do Pescados Rubén Burela FS

Volver

08/03/2019 16:53

Os membros dos primeiros equipos do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS participarán este luns nun encontro con máis de 800 escolares da Mariña lucense. Esta acción enmarcada dentro do convenio de colaboración entre ambos clubs.   

O equipo albivemello adestrará no Campo de Fútbol Martínez Otero de Foz ás 10 da mañá, nunha sesión aberta  a todos aqueles cativos e cativas que desexen coñecer aos seus ídolos. Ao remate do adestramento, os xogadores e xogadoras do CD Lugo e do Pescados Rubén Burela FS, visitarán 8 centros escolares de Foz, Burela, Alfoz e Ferreira.

Este evento constitúe unha nova mostra da colaboración entre o as dúas entidades na procura de favorecer o crecemento social de ambos clubs, así como a difusión do deporte e os seus valores por toda a provincia.

Os colexios que se van visitar son: Colexio Martínez Otero (Foz), CEIP Número 1(Foz), CEIP O Cantel (Foz), Colexio do Pilar (Foz), CEIP Santa María do Valadouro (Ferreira), CEIP Castro de Ouro (Alfoz), CEIP Virxe do Carme (Burela) e o CEIP Vista Alegre (Burela).