LUG / NOTICIAS

Presentado el #CDLUCamp de Foz

Do 5 ao 9 de agosto terá lugar na Mariña o último dos CDLUCamp de este verán

Volver

22/07/2019 13:32

Este mediodía tivo lugar a presentación do CDLUCamp de Foz, que terá lugar entre os días 5 e 9 de agosto no campo municipal da localidade focense. Ao acto, celebrado no campo de Malates, acudiron a Concelleira de Deportes de Foz, Gema Méndez Leivas, o secretario do CD Foz, José Antonio Rodríguez, e o Responsable de Fútbol Base do CD Lugo, Adrián Laureda. 

Os CDLUCamp pretenden difundir os valores propios da entidade en toda a provincia a través da práctica do fútbol. A igualdade, solidariedade, a cultura do esforzo e as habilidades sociais serán o eixo transversal que servirá de nexo entre as diferentes actividades que compoñen os CDLUCamp. Ademais, se pretende concienciar aos participantes sobre conductas socialmente relevantes coma a protección do medio ambiente ou os hábitos de vida. saudable.