LUG / NOTICIAS

Reunión de traballo entre os concellos da Ulloa e o CD Lugo

O encontro encádrase dentro da iniciativa "A nosa terra, os nonos nenos"

24/04/2018 17:30

Hoxe tivo lugar no complexo "As Canteiras", en Antas de Ulla, unha reunión de traballo entre os representantes dos concellos da comarca da Ulloa e o CD Lugo.

 

O encontro, ao que asistiron don Javier Varela, alcalde de Antas de Ulla, don Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, don Marcelino Vázquez, concelleiro de Deportes de Monterroso, o alcalde do concello de Portamarín, Juan Serrano, e Tino Saqués, presidente do CD Lugo, forma parte do programa "A Nosa Terra, Os Nosos Nenos".

 

Trátase dunha iniciativa cuxo obxectivo e facer partícipe a tódolos concellos, comarca por comarca, do noso proxecto deportivo. Con esta proposta o CD Lugo quere facer chegar a súa intención de pertencer a todos e todas, que cada lucense sinta como súas as cores albivermellas.

 

Esta xuntanza é o primeiro paso dunha colaboración cos concellos que máis adiante pode materializarse na visita dos xogadores do CD Lugo as escolas da comarca, así como a posibilidade de levar a cabo un adestramento na mesma. 

Mediante esta iniciativa o CD Lugo continúa a mostrar a súa aposta por achegarse a cada recuncho da provincia de Lugo e lograr así que Lugo sinta as cores e ao CD Lugo como algo propio.