LUG / NOTICIAS

Se enchemos o autobús, viaxe e entrada de balde
Ven a Almendralejo a apoiar ao CD Lugo
Tres finais para acadar o soño de encadenar oito tempadas consecutivas en Segunda Division. Tres encontros nos que o apoio da afección Albivermella será de gran importancia para o equipo. Xuntos logramos unha importante vitoria fronte ao RC Deportivo e xunto a vos queremos loitar por outros tres puntos en Almendralejo. Por iso, se enchemos o autobús, viaxe e entrada de balde.
Ata o xoves 23 de maio ás 14.00 horas, podes reservar nas oficinas do Anxo Carro (L-V: 09:30 - 14.00 y 16.00 - 19.30 h) a túa praza para acudir ao #ExtremaduraLugo. Para efectuar a reserva deberás entregar unha fianza de 25€ que será devolta no traxecto de volta. Para a posta en marcha do desprazamento será necesario un mínimo de 45 persoas.
Para máis información:
Atención ao abonado 982 25 03 45