LUG / NOTICIAS

Seoane: "As sensacións son mellores que o ano pasado"

O centrocampista de Ames pensa que "pulindo erros vai chegar unha vitoria necesaria para seguir crecendo"

Volver

12/09/2019 13:43

Coa meta do encontro frente ao CF Fuenlabrada no horizonte o CD Lugo completou hoxe o seu antepenúltimo adestramento antes de medirse aos homes de Mere. Na sesión matinal o equipo de Eloy Jiménez contou coa reincorporación de Marcelo Djaló tras desputar o clasificatorio do Mundial con Guinea Bissau.

Ao remate do traballo matinal o segundo capitán albivermello, Fernando Seoane, atendeu aos medios de comunicación. O centrocampista de Ames mostrouse confiado ao ser cuestionado pola primeira vitoria dos albivermellos que ainda está por chegar: "As sensacións son mellores que o ano pasado". Para acadala, Fernando confesou a que él pensa que é a fórmula: "pulindo erros vai chegar unha vitoria necesaria para seguir crecendo".

Podes ver a comparecencia ao completo no seguinte vídeo.