LUG / NOTICIAS

Seoane: "Iremos, sen medo, a gañar como en tódolos campos"

O centrocampista de Ames destacou a ambición coa que afronta o equipo o partido no ABANCA RIAZOR

03/01/2019 15:05

O derbi entre RC Deportivo e CD Lugo achégase cada vez máis e só restan apenas 3 días para que se despute o encontro do vindeiro domingo en Riazor.

Fernando Seoane, ausente onte no adestramento por un proceso gripal, voltou hoxe o traballo co equipo nunha sesión na que Monteagudo contou con todo o seu plantel a excepción de Leuko. O que é un dos capitáns albivermellos compareceu posteriormente en rolda de prensa onde destacou a ambición coa que afronta o equipo o partido no estadio coruñés.