LUG / NOTICIAS

Ti dás o tipo, súmate e doa sangue

O CD Lugo colabora coa campaña de doazón de sangue impulsada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

04/02/2018 17:10

O CD Lugo súmase a campaña de doazón de sangue impulsada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue.

 

Cada día nos hospitais galegos, centos de enfermos precisan da solidaridade da cidadanía para recuperar a sáude ou salvar a vida. Doar sangue é vital para atender aos doentes que se teñen que operar, que padecen cancro ou leucemia, que sufriron accidentes de tráfico ou para os transplantes de órgano.

 

Se tes entre 18 e 65 anos, e pesas máis de 50 quilos, a túa axuda pode ser vital. Os vindeiros luns 5 (de 15.30 a 21.00) e martes 6 de febreiro (9.30 a 14.30 e 15.30 a 21.00), unha unidade móbil de doazón de sangue situarase no lateral da Praza Maior. Aqueles que se sumen, poderán recoller una camiseta solidaria con motivos do CD Lugo.