LUG / NOTICIAS

Tino Saqués: "Seguiremos traballando para seguir medrando."

O presidente expresou o seu desexo de que a entidade siga a crecer trala Xunta Extraordinaria de Accionistas

11/04/2018 21:05

O remate da Xunta Extraordinaria de Accionistas do CD Lugo, o presidente Tino Saqués atendeu os medios de comunicación presentes no Pazo de Feiras.

O responsable da entidade albivermella repasou a actualidade deportiva e social do clube. O presidente amosou a súa satisfacción polo crecemento social do CD Lugo e suliñou o obxetivo de seguir medrando en tódolos ámbitos: "Gustaríame que houbera máis afeccionados nas bancadas do Anxo Carro. Pouco a pouco vanse vendo máis cheas e menos descubertas. Seguimos traballando para seguir medrando como club e socialmente para que día a día, mes a mes, ano a ano, temporada a temporada, poidamos chegar a eses 5.000 ou 6.000. Pero bueno, todo depende tamén un pouco do que consigamos a nivel deportivo , que tamén axuda. É como todo: a xente cando ve que un está aí arriba é máis dada a estar co equipo e apoialo. Pero témonos que dar conta de que, para que o equipo esté aí arriba, necesitamos o calor da afección e que os xogadores se vexan arropados. Eso é moi necesario."

O presidente do CD Lugo repasou, entre outros temas deportivos, as sancions a Vasyl Kravets e Iriome tralo partido fronte o Real Oviedo que hoxe foron ratificadas polo Comité de Competición: "Cada partido é un mundo e as veces esas accións poden ser máis ou menos claras. Esas accións que recurrimos pensamos que non deberían ser tarxeta e por eso se recurren. Agora van a Apelación e a ver qué pasa."

A continuación podes ver as declaracions na súa totalidade:

LUG / AGENDA

19 ABR

10:30h · ESTADIO ANXO CARRO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

20 ABR

10:30h · O CEAO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

21 ABR

10:30h · O CEAO

ENTRENAMIENTO

Acceso Libre

22 ABR

18:00H · Estadio Ángel Carro

Partido

Jornada 36 CD Lugo - Lorca FC

Ver agenda