LUG / NOTICIAS

Ven as xornadas de portas abertas da CDLUEscola!!

Os días 10, 12, 17 e 19 de xuño poderás experimentar o seu funcionamento

Volver

23/05/2019 11:57

Antes do remate da CDLUEscola 2018-2019, o CD Lugo programará unhas xornadas de portas abertas para que tódolos pequenos e pequenas poidan gozar con esta experiencia introductoria ao mundo do fútbol.

As xornadas desenvolveranse os vindeiros 10, 12, 17 e 19 de xuño no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario 16-17h. e 18-19h. Desta volta poderán participar nenas e nenos nados nos anos 2014, 2015  y 2016. 

Coa CDLUEscola pretendemos guiar o primeiro contacto coa práctica deportiva de equipo dos cativos e cativas lucenses. Unha experiencia lúdica na que a iniciación ao fútbol compaxinarase con outras actividades deportivas e de psicomotricidad.

Para poder acudir os pais ou titores deberán cumprimentar a seguinte folla de preinscrición

PREINSCRICIÓN ESCOLA

Para máis info:

cdluescola@cdlugo.com

Teléfono: 636673253