LUG / NOTICIAS

Xornada de concienciación medioambiental no #CDLUCamp

Os participantes limparon a praia de Esteiro tras practicar Surf e Padel Surf

Volver

03/07/2019 13:30

Os pequenos e as pequenas que estes días participan no #CDLUCamp en Lugo gozaron hoxe dunha xornada de concienciación medioambiental. O grupo viaxou ata a praia de Esteiro-O Barqueiro para, da man de Oxígeno Surf School, realizar un bautismo en Surf e Padel Surf e posteriormente axudar a limpeza do areal do concello de Mañón. Unha actividade que a parte lúdica sumou a ensinanza que ten o coidado ao entorno natural.

A actividade nos #CDLUCamp non se limita só a práctica do deporte favorito das pequenas e os pequenos albivermellos. Unha entidade deportiva coma o CD Lugo ten a obriga de aproveitar a súa repercusión social para facer chegar os valores propios da práctica deportiva ao seu entorno máis próximo. Os Campus de fútbol que organiza o CD Lugo pretenden, co deporte coma protagonista, difundir os valores propios da entidade non so na cidade de Lugo senón tamén en toda a súa provincia. A solidaridade, o esforzo, a igualdade, as habilidades sociais ou a cultura do esforzo son o eixo tranversal que sirven de nexo entre as distintas actividades que compoñen os #CDLUCamp, nos que, ademáis, se pretende concienciar aos participantes sobre conductas socialmente relevantes coma a protección do medio ambiente ou os hábitos saudables de vida.

A xornada de hoxe foi unha gran mostra de como as pequenas e os pequenos poden gozar dunha actividade lúdica como a que realizaron xunto aos monitores da escola ubicada en Viveiro e, ao mesmo tempo, tomar conciencia da importancia que ten respetar a natureza. A formación nesta semana completarase mañá, xoves 4, da man da ONG "Taller de Solidaridad" que impartirá un obradoiro sobre comercio xusto, consumo responsable e equidade de xénero.