LUG / NOTICIAS

O CD Lugo e a Excma Deputación de Lugo, xuntos na promoción do galego

Campaña de apoio á promoción da nosa lingua no deporte

Volver

31/12/2021 17:00

O CD Lugo e a Vicepresidencia Deputación de Lugo (Excma Deputación de Lugo), poñen en marcha durante a presente semana, a súa campaña de fomento do uso do galego no entorno do deporte, e máis en concreto, do fútbol.

Baixo o lema, #OFútbolEnGalego, elaboráronse catro pezas audiovisuais complementarias, nas que xogadores do noso primeiro equipo do club interaccionan entre si a través de diferentes fórmulas de diálogo, nun formato adaptado a todos os públicos para a promoción da lingua galega no contexto deportivo.

Os vídeos foron acompañados de creatividadades na mesma liña, buscando implementar e afianzar a campaña nas canles oficiais do club e nas redes sociais, ámbitos nos que se procedeu a publicar todo o contido. Do mesmo xeito, a campaña contou con diferentes soportes en medios de comunicación tradicionais.

Como elemento engadido, o club realizou dúas conferencias de prensa integramente en galego, coa presenza dos futbolistas Carlos Pita e Hugo Rama, nun dos escenarios de maior repercusión mediática dos nosos xogadores en contacto cos medios. A campaña conta coa impresión e reparto entre os clubes base da provincia de 4000 flyers temáticos ao respecto.