LUG / NOTICIAS

A Mariña é Albivermella!

A plantilla do CD Lugo adestrou en Cervo e gozou coa visita a varios centros educativos da comarca

31/05/2018 19:24

O CD lugo prosigue a súa aposta por achegarse a cada recuncho da xeografía lucense así como a tódolos actores sociáis da mesma. Dentro desa aposta englóbase o programa "A nosa Terra. Os nosos nenos" que hoxe aterrou na Mariña Occidental Lucense.

E o fixo cun adestramento do primeiro equipo no Campo de Fútbol da Veiga, en San Cibrao, Cervo. Ata as instalacións acudiron os nenos e nenas do IES Marqués de Sargadelos e o CEIP Cervo n° 1 que puideron ver in situ como traballaron os homes de Francisco e máis tarde moitos deles acadaron atógrafos e "selfies" cos seus ídolos. Unha vez rematou esta sesión na que tanto gozaron xogadores, rapaces e rapazas, a plantilla do CD Lugo desprazouse a distintos centros educativos da comarca para darlle unha sorpresa os alumnos.

En definitiva foi una boa mostra de que o sentemento albivermello esténdese cada vez máis por todas as comarcas de Lugo, sen importar a distancia das mesmas ou a idade dos fanáticos albivermellos. A xornada de hoxe, que rematou cun xantar de confraternidade de plantilla, corpo técnico e empregados, no restaurante Louzao, foi un bo impulso para fortalecer vencellos entre o Lugo e a sociedade da Mariña e igualmente entre toda a familia albivermella.