LUG / NOTICIAS

Fin de semana no Anxo Carro

Dobre cita para CD Lugo e PM Friol CD Lugo. Xa a venda as entradas do #LugoRayoMajadahonda

21/01/2019 10:03

O estadio Anxo Carro vivirá esta fin de semana dous encontros chave para o CD Lugo e o PM Friol CD Lugo. O equipo de Monteagudo enfróntase o sábado ao Rayo Majadahonda nun choque directo para avanzar cara a parte media da clasificación, mentres que as de Josito Jul recibirán o domigo ao Racing Féminas para afianzr a súa posición nos postos de promoción a Primeira B.

Dende hoxe xa se poden mercar as localidades para o choque que medirá, a partir das 18.00h, a albivermellos e rayistas. 

Os horarios e puntos de venda serán os habituais:

Oficinas Anxo Carro: L-V 09:30 - 14.00 y 16.00 - 19.30h

CDLUStore: L a V 10:30 - 14:00 y 16:30 - 20:00h 


O prezo das entradas para público xeral é o seguinte:
PREFERENCIA/TRIBUNA: adulto 25€ | neno 10€
FONDOS: adulto 15€ | neno 6€
XERAL: adulto 10€ | neno 4€
As taquillas abrirán o día de partido dende ás 16h (2 horas antes do inicio do mesmo)

E ás 12.00 horas do domingo o PM Frio CD Lugo recibirá no Anxo Carro ao Racing Féminas na loita polo ascenso a Primeira B. O prezo das entradas será único (5€) e os socios do CD Lugo e do PM Friol CD Lugo podrán acceder gratis. As localidades estarán a venda no estadio o propio día do encontro.