LUG / NOTICIAS

Moitas Grazas!

Máis de 100 albivermellos acompañarán ao CD Lugo en Almendralejo

Volver

24/05/2019 18:49

No momento clave da tempada, cando o equipo máis necesita o apoio dos seus, a afección do CD Lugo está dando un forte respaldo ós seus. 

Despois do gran ambiente vivido no derbi, que foi unha parte fundamental para lograr a vitoria ante o RC Deportivo, os siareiros seguen amosando a súa paixón e fidelidade polas nosas cores. A convocatoria para o autobús a Almendralejo rematou con éxito e 82 afeccionados viaxarán no vehículo fretado polo clube. Ademáis hai que sumar outros 30 que asistirán ao Francisco de la Hera polos seus propios medios. Fronte as forzas locais os 11 guerreiros albivermellos contarán cos folgos de máis dunha centena de gorxas lucenses.

Moitas grazas afección!