LUG / NOTICIAS

O CD Lugo e El Progreso afianzan a sua alianza

Ambas entidades renovaron unha tempada máis o seu convenio de colaboración

Volver

02/12/2019 17:08

O CD Lugo e o xornal El Progreso afianzan os lazos que os vencellan grazas á renovación do convenio de colaboración entre ambas entidades.

O CD Lugo, na procura de achegarse aos actores da sociedade, un dos piares da filosofía do clube, busca a colaboración continuada cos medios de comunicación. Dentro desta estratexia, a entidade albivermella reafirmou esta mañá un acordo de gran importancia co grupo editorial El Progreso. 

Na sede do diario lucense rubricaron esta colaboración a presidenta do grupo El Progreso, Blanca García, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués. A continuidade desta unión seguirá redundando positivamente na difusión da actividade diaria do clube en tódalas dimensións. Ademais, servirá tamén de apoio ao Fútbol Base e o equipo Feminino que levarán o logotipo de El Progreso na súas equipacións.