LUG / NOTICIAS

Plan Semanal dun Equipo Profesional

Os técnicos do CD Lugo explicarán a súa metodoloxía nunha charla na Vella Cárcere o xoves 20 as 20h.

Volver

19/12/2018 10:30

O corpo técnico do CD Lugo protagonizará unha das últimas charlas que o clube organizou nos últimos meses en colaboración coa Deputación de Lugo.

O mister, Alberto Monteagudo, xunto a seu segundo, Juanlu Bernal, e o adestrador axudante, David Sierra, explicarán no Auditorio do Centro Cultural Vella Cárcere de Lugo, o xoves 20 ás 20.00 horas, o plan semanal dun equipo profesional. Na charla os técnicos albivermellos debullarán polo miudo o método de traballo do equipo para preparar os seus partidos na Liga 1|2|3.  A entrada será de balde ata completar o aforo.