LUG / NOTICIAS

Queres sumarte ao CD Lugo feminino?

Abrimos as probas de selección dende o 3 de xullo

Volver

02/07/2019 12:14

Tes máis de 13 anos, a paixón albivermella percorre a túas venas e gustaríache defender as nosas cores? Pois non o dubides máis!

O CD Lugo abrirá as probas de selección para o seu equipo feminino a partir do 3 de xullo. Só tes que cubrir o sinxelo formulario que atoparás ao final de esta información e poñerémonos en contacto contigo para indicarche as datas e a sede das probas.

Ven e crece como futbolista da nosa man neste novo e ilusionante proxecto!