LUG / NOTICIAS

Volven os Campus de verán do CDLugo

Sarria, Lugo, Chantada, Foz e Maniños, acollerán os CDLUCamp entre xuño e agosto

Volver

03/06/2019 13:00

Coa chegada do verán volta un dos momentos máis agardados polos nenos e nenas de toda a provincia, os Campus de Verán do Club Deportivo Lugo.  

Os CDLUCamp pretenden difundir os valores propios da entidade en toda a provincia a través da práctica do fútbol. A igualdade, solidariedade, a cultura do esforzo e as habilidades sociais serán o eixo transversal que servirá de nexo entre as diferentes actividades que compoñen os CDLUCamp. Ademais, se pretende concienciar aos participantes sobre conductas socialmente relevantes coma a protección do medio ambiente ou os hábitos de vida. saudable. 

O fútbol será o protagonista das sesións, nas que se traballará dacordo á metodoloxía que se ven desenvolvendo nas categorías inferiores. 

Chantada e Sarria repetirán como sedes trala experiencia positiva dos pasados anos, e Foz súmanse tamén este verán como sede dos campus. Ademais, igual que o último verán, haberá outro CDLUCamp fóra da provincia, concretamente na vila de Maniños, no Concello de Fene (A Coruña).

Os campus, nos que poderán participar os nenos e nenas nados entre 2003 e 2013, arrincará a semana do 25-29 de Xuño en Sarria. As seguintes quendas serán Lugo e Chantada (1-5 Xullo), Maniños e Lugo (8-12 Xullo) e Foz (5-9 Agosto). As inscricións poderanse facer a partir do luns 3 de xuño na web www.cdlucamp.org, na CDLUStore (Praza de Bretaña, 22) e nos clubes colaboradores (Sarriana, SD Chantada, Cultural Maniños.). A fecha límite será o mércores anterior o inicio de cada campus.

No renovado site dos #CDLUCamp atoparás toda a información necesaria sobre as distintas sedes e as actividades que se levarán a cabo. Ademáis o CD Lugo poñerá en marcha perfís sociáis en Twitter e Instagram nos que poderás atopar información ao instante de cada campus, así como instantáneas e outras curiosidades.

 

Para máis información:

www.cdlucamp.org

eventos@cdlugo.com

647 317 190