Skip to main content
Primer equipo

Manu Barreiro: "As nosas opcións pasan por gañar, pero ten que ser xa. Necesitamos esa vitoria para subir a nosa moral, para crer que podemos gañar contra calquera"

Comparecencia del capitán albivermello

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Turno en sala de prensa para Manu Barreiro. El delantero compostelano atendía a los medios de comunicación a dos días del partido frente a la SD Eibar (sábado, 16:15h). Un duelo que, en palabras del capitán albivermello, es vital para volver a la senda de la victoria y para incrementar la moral de un equipo que, pese a los últimos resultados, está convencido de sacar la situación adelante. 

"Estamos nunha situación complicada, na que necesitamos xa vitorias. Temos que empezar por este sábado, gañar ese partido que nos poida dar un pouco de liberación, confianza e seguridade, e ten que ser xa"

"Joan é un adestrador que ten moita enerxía. Quere que sexamos protagonistas co balón e moi intensos"

"Temos que mellorar todo, tanto ofensiva como defensivamente. Noutras temporadas eramos fiables a balón parado e nesta non estamos conseguindo materializar ese tipo de situacións"

"A SD Eibar é dos equipos máis sólidos da categoría. Ten moitas individualidades pero pon o grupo por encima do individual. É un equipo moi completo, feito para ser campión"

"Non estamos para pedirlle moito á afección. Todo o que nos dan este ano está sendo a cambio de moi pouco. Só pedirlles que veñan ao campo, que nos dean ese último empurrón para meternos en dinámica positiva. Sempre agradeceremos o seu apoio"

"As nosas opcións pasan por gañar, pero ten que ser xa. Necesitamos esa vitoria para subir a nosa moral, para crer que podemos gañar contra calquera"

Image