Skip to main content
Club

Xuntos da man: visita a Frigsa

Dentro das actividades do programa conxunto entre a Deputación Provincial de Lugo, o CB Breogán e o CD Lugo os xogadores albivermellos Orest Lebedenko e Fran Vieites así como o integrante do corpo técnico (analista) Wagner Molina visitaron aos rapaces da SCD Milagrosa que adestraban no Campo Municipal Luis López Gorgoso (antiga Frigsa). Os xogadores e o técnico entregaron material do programa Xuntos da Man así como firmaron numerosos autógrafos.

Durante todo o mes de xaneiro os xogadores e técnicos de CD Lugo visitarán aos clubes da cidade e da provincia para transmitir os valores propio do deporte que se fomentan dende Xuntos da Man.

Image