O #CDLugoGenuine participará esta fin de semana na segunda fase de LaLigaGenuine Santander
Trala ilusionante primeira fase de LaLiga Genuine Santander na que participou o CD Lugo Genuine en Tarragona no mEs de novembro, chega o turno da segunda fase que terá lugar esta fin de semana na cidade deportiva de Abegondo en Coruña.
Os xogadores e xogadoras do equipo albivermello vivirán unha cita moi especial desta volta debido a proximidade da sede e que poderán contar cos folgos da súa afección. Os amantes do fútbol que queiran gozar dunha experiencia chea de valores como a deportividade ou o compañerismo teñen unha ocasión inmellorable a menos dunha hora de Lugo o sábado 2 e o domingo 3 de febreriro nas instalacións do RC Deportivo.
Nesta ocasión serán 13 os equipos que se darán cita nunha experiencia na que o bo ambiente e a integración a través do fútbol serán o denominador común: RC Deportivo, Athletic Club Fundazioa, Fundación Celta Integra, Real ValladoliDI, Real Sporting de Gijón, RCD Espanyol, Real Oviedo, RCD Mallorca, Girona FC, Deportivo Alavés, SD Eibar Fundazioa, Real Sociedad Fundazioa e CA Osasuna.
A segunda fase de LaLiga Genuine Santander terá o seu pistoletazo de saída mañán as 20.30 no estadio ABANCA-Riazor coa recepción dos equipos por parte do presidente de LaLiga, Javier Tebas, e a directora da Fundación LaLiga, Olga de la Fuente.
Os horarios na competición do conxunto albivermello serán os seguintes:
SÁBADO 2
10:00 Campo 2 CD Lugo-Fundación Celta Integra 17:00 Campo 2 Real Oviedo-CD Lugo