Carlos Pita: "Temos que contrarrestar as súas ganas dentro e fora do campo"
O capitán subliñou a importancia da afección nun encontro "trascendental para o futuro do club"
O Club Deportivo Lugo completou unha nova sesión de preparación previa ao partido diante do Dépor.
Despois do adestramento, Carlos Pita atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa do Anxo Carro. O capitán albivermello sinalou que "temos que ser atrevidos e ter protagonismo para combatir o seu potencial".