Skip to main content
Social

Comezaron os CDLUCamp de verán 2019

Hoxe tivo lugar a primeira xornada en Sarria

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Comezou a cuarta edición dos Campus de Verán do Club Deportivo Lugo.  A primeira cita dos CDLUCamp deste verán de 2019 ten lugar en Sarria, que repite coma unha das sedes despois do éxito da experiencia do pasado ano.

Os nenos e nenas inscritos puideron desfrutar hoxe da primeira xornada no Campo de A Ribela, onde aprenderon sobre fútbol, sempre a través dos valores que se pretenden inculcar con esta actividade: solidariedade, cultura do esforzo, igualdade... Ademais, se pretende educar aos participantes en condutas socialmente relevantes coma os hábitos de vida saudables ou a protección do medio ambiente.

Despois da cita de Sarria chegará a quenda das outras sedes: Lugo e Chantada (1-5 de xullo), Maniños e Lugo ( 8-12 de xullo), e Foz (5-9 de agosto).

Image