Skip to main content

Máis de 1200 albivermellos xa teñen o seu carné para a tempada 19/20

Trinta deles xa se beneficiaron da renovación On Line, principal novidade esta campaña

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Máis de 1200 albivermellos xa teñen o seu carné para gozar coa apaixonante tempada que lle agarda ao CD Lugo. 

Tras 10 días coa campaña de socios baixo o lema #Resistirei en marcha, 1225 alivermellos e albivermellas xa se alistaron para loitar xunto ao equipo e demostrar que ninguén pode con nós.

Nesta primeira fase de renovacións y novas altas en localidades dispoñibles, que se estenderá ata o vindeiro 20 de agosto, 30 siareiros beneficiáronse da renovación On Line unha das principales novidades desta tempada. As bancadas do Anxo Carro contarán ademáis con 44 novas gorxas para apoiar ao equipo, que foron os afeccionados que tramitaron unha alta neste periodo. 

Por sectores os que maior afluencia teñen polo de agora son a tribuna, con 365 abonos, e a Preferencia con 344. No Fondo Norte tramitáronse 282 carnés, no Fondo Sur 167 e en General 2, 67.

Por tipos de abono a categoría Adulto conta con 671 altas ou renovacións, seguido da categoría Sub 14con 215 e a de maiores de 65 anos con 162.

Restan duas semanas para que o balón comece a rodar no Anxo Carro e progresivamente a afección vai sumando efectivos para apoiar nesta emocionante loita que sera a nova tempada na categoría de prata.

Image