A mascota do CD Lugo xa é unha realidade. Nabic xa está aquí e o #LugoSporting será o encontro do seu debut.
Ata chegar aquí hai que remontarse atrás preto dun ano. A entidade albivermella promoveu un concurso de deseño para elixir a que ía ser a futura mascota do CD Lugo, no que podían participar as alumnas e alumnos de Primaria de tódolos centros escolares da provincia de Lugo. O pequenos e pequenas artistas de entre 6 e 11 anos enviaron as súas propostas, con ideas tan diferentes como orixináis. E, coincidencias do destino, na previa do #LugoSporting coñecemos a Nabic a creación do pequeno Lucas. Foi o día do Sorteo da Lotaria de Nadal e o noso particular gordo foi a chegada de Nabic.
Pouco a pouco coidamos a terra e preparamos a chegada da nosa mascota. E no momento preciso, sacho en man, fumos a por él. Dende mañá Nabic será un máis no Anxo Carro, un impulso extra para seguir loitando ee gozando da nosa paixón: O CD Lugo.