Skip to main content
Otras

No Nadal, CDLU Camp

Por segundo ano consecutivo o CD Lugo organiza nesas sinaladas datas un campus para os máis cativos da cidade.

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

O campus de Nadal CDLU Camp chegou con forza o ano pasado, para instalarse coma unha tradición máis durante as festas en Lugo. Por segundo ano consecutivo o CD Lugo organiza esta actividade pensada para que os máis pequenos e as máis pequenas, gocen das vacacións facendo o que máis lles gusta, xogar ao fútbol.

Trátase dunha divertida actividade que inclúe formación xunto aos mellores profesionais e métodos, para poder gozar do deporte rei do mellor xeito posible.

Despois dos campus celebrados o longo do 2017, chega a edición de Nadal de 2017, que terá lugar do 26 ó 30 de decembro en Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos e no campo de A Cheda. Será en sesión matinal de 09:30 a 14:00 h.

Poderán participar nesta experiencia,  tódolos nenos e nenas nados entre 2004 e 2011. As prazas estarán limitadas a 45 participantes.

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro 20 de novembro. Poderase realizar presencialmente na CDLU Store, e de maneira online, a través da web oficial dos CDLU Camp, www.cdlucamp.org. Nas canles oficiais do CD Lugo, irase ofrecendo periodicamente tódala información vencellada con este evento.

Para máis información e consultas, os interesados pódense dirixir ao e-mail eventos@cdlugo.com e os teléfonos 647 31 71 90 e 982 23 17 54.

Image