Skip to main content
Club

O derbi contra a Violencia de Xénero

O #LugoDépor servirá para difundir a campaña "NON" impulsada pola Xunta de Galicia

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Rivais no terreo de xogo, membros do mesmo equipo para loitar contra a Violencia Machista. O #LugoDépor do vindeiro domingo servirá para dar visibilidade a campaña "NON" impulsada pola Xunta de Galicia para promover o reixeitamento á desigualdade e á violencia contra as mulleres.

A iniciativa, á que se sumaron RC Celta, RC Deportivo, Obradoiro e CB Breogán, terá un dos seus pratos fortes no derbi do domingo. Unha oportunidade para difundir a mensaxe de loita pola igualdade e por eliminar da sociedade a Violencia de Xénero. Na presentación do partido, este mediodía, estiveron presentes o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez, e o adestrador do CD Lugo, Eloy Jiménez. Ambos coincidiron na importancia da unidade da sociedade fronte esta problemática, maís aló das cores que defenda cada afeccionado.

O apoio a esta campaña forma parte do compromiso social que o CD Lugo manten y manterá perenne no tempo. Unha filosofía que, máis aló do deporte, busca contribuir ao progreso da sociedade. 

Image