Skip to main content
Club

Partamos a Gorxa!

Os socios poderán retirar unha entrada gratuita para o #LugoOsasuna

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Chega o momento decisivo da tempada e o equipo necesita do apoio da súa afección máis que nunca. Os albivermellos teñenen unha importante cita o vindeiro domingo fronte o lider de LaLiga 1|2|3 na que o Anxo Carro xogará un papel decisivo. Cada seareiro que sume a súa voz será importante, polo que o CD Lugo porá a disposición dos socios unha entrada de balde.

Os socios que queiran retirar a súa invitación poderán facelo dende hoxe e de forma exclusiva, nas oficinas do Anxo Carro. O horario será o habitual (L-V 09:30 - 14.00 y 16.00 - 19.30h). O día de partido as invitacións tamén estarán dispoñibles en taquilla dende 2 horas antes do comezo do mesmo (14.00h.) As entradas de obsequio serán para a mesma zona do abono ata esgotar existencias 

A venda de entradas realizarase nos puntos de venta e horarios habituais: 

Oficinas Anxo Carro: L-V 09:30 - 14.00 y 16.00 - 19.30h

CDLUStore: L a V 10:30 - 14:00 y 16:30 - 20:00h 

Os prezos das localidades serán os seguintes:

PREFERENCIA/TRIBUNA: adulto 25€ | niño 10€
FONDOS: adulto 15€ | niño 6€
GENERAL: adulto 10€ | niño 4€
As taquillas abrirán o domingo (día de partido) dende ás 14.00 h (2 horas antes do inicio do mesmo).
Image