Skip to main content
Primer equipo

Pita: "Temos que crecer como equipo"

O centrocampista albivermello subliñou a importancia do bloque para poder mellorar a situación clasificatoria

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Coa vista no #LugoRayo do próximo domingo, o CD Lugo completou esta mañá nas instalacións de O Ceao a súa antepenúltima sesión de preparación para o encontro. No traballo matinal o técnico albivermello fixo fincapé en exercicios de espazo reducido, tarefas de finalización e diferentes aspectos tácticos. Traballou fora de grupo Hugo Rama que sigue avanzando satisfactoriamente no seu proceso de recuperación.

Posteriormente, na sala de prensa do Anxo Carro o protagonista foi o capitán, Carlos Pita. O centrocampista albivermello subliñou a importancia do bloque para poder mellorar a situación clasificatoria: "Temos que crecer como equipo"

Image