Skip to main content
Primer equipo

Recolle dende o xoves a túa entrada para o CD Lugo - SD Ponferradina

Os socios poderán acceder co seu carné, mentres que o publico xeral deberá retirar unha invitación

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

O vindeiro venres 9 de agosto o CD Lugo disputará o primeiro partido no Anxo Carro fronte a súa afección. Nun adianto ao #DerbiDosAncares que se disputará en setembro, os de Eloy Jiménez recibirán a SD Ponferradina a partir das 20.30 horas.

A entrada para o encontro é de balde e os abonados accederán co seu carnet a súa localidade. O resto de afección deberá retirar unha invitación que estará dispoñible dende o vindeiro xoves, en exclusiva, nas oficinas do estadio.


Os horarios para retirar as entradas serán os seguintes:

Xoves 8 de agosto: 16.00-19.30 h.

Venres 9 de agosto: 09.30-14.00 h.

As taquillas abrirán a partir das 16.00 horas do venres ata o comezo do partido.

Image