Skip to main content
Otras

Rolda de prensa de Dani Mallo

O gardamallas Dani Mallo respostou ás inquedanzas dos medios de comunicación na sala de prensa do estadio Ángel Carro trala cuarta sesión de adestramento da semana e penúltima antes do partido entre Club Deportivo Lugo S.A.D. e Hércules Club de Fútbol de

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

O gardamallas Dani Mallo respostou ás inquedanzas dos medios de comunicación na sala de prensa do estadio Ángel Carro trala cuarta sesión de adestramento da semana e penúltima antes do partido entre Club Deportivo Lugo S.A.D. e Hércules Club de Fútbol de Alicante S.A.D. no Ángel Carro ás cinco do serán. O Lugo ocupa a sétima posición na táboa clasificatoria con 26 puntos, cinco máis que os alacantinos, antepenúltimos con 21, mais veñen de vencer os dos últimos encontros a domicilio ante o Real Murcia (1-2) e Alcorcón (0-2).

Dani Mallo, que voltou á titularidade na pasada xornada, afirmou que se atopou "moi ben" e "mellor conforme ían pasando os minutos". Subliñou que "o Alavés tiña que sacar un punto ou tres porque lles ía a vida". Aínda así, opinou que os lugueses "non" fixeron "deméritos para a derrota" e que deben "pensar" no acontecido en Mendizorrotza.

O porteiro procedente do Girona, no que disputou catro campionatos, respostou que o segundo gol do Alavés "non" se produciu "nunha xogada de estratexia". De feito, remarcou que "non" se teñen que "obsesionar" neste eido porque "non" teñen "razóns" para iso e sí poner "un puntiño máis" de concentración. "Tentaremos mellorar", sintetizou con autocrítica.

O porteiro de Cambre declarou que e "sempre" agarda xogar, mais aceptará "a decisión do míster". "Traballo sempre para xogar", lembrou. Calificou a José Juan, compañeiro de demarcación, como un "grandísimo porteiro", ao tempo que comentou que o gardamallas vigués "ten unhas condicións magníficas" e a rivalidade entre eles é "moi competida". "O que sae beneficiado é o equipo", respostou con humildade.

Dani Mallo explicou que o Lugo está nunha "boa posición" e completando unha "ben digna" tempada. De feito, adiantou que "todo o vestiario está con moitas gañas". Ademáis, lembrou que o equipo debe seguir traballando "sen" marcarse "metas ambiciosas" e sí "seguir con boas sensacións". É máis, o porteiro reflectiu en rolda de prensa que "parte do éxito" do Lugo debe basearse no seu "estadio" e ante a súa "xente". Por iso, calificou como "moi importantes" estes posibles tres puntos ante o Hércules "a nivel de tranquilidade e confianza".

Na súa opinión, o Hércules conta con "grandes xogadores", é un contrincante que practica un xogo "non tan combinativo" como Lugo, pero están a obter unha "xeira de resultados moi boa". Destacou que os alacantinos, adestrados por Quique Hernández, posúen, "sobre todo, xente de arriba moi perigosa". Tamén valorou que son futbolistas que "coñecen a categoría moi ben" e pronosticou que "eles buscarán esperar "que o "xogo combinativo" albivermello teña "erros". Incluso, opinou que o Hércules pode decantarse por "fútbol directo". Describiu o encontro coma "moi disputado e moi complicado seguramente". Ademáis, manifestou que o Hércules conta con "vellos coñecidos de Club Deportivo Lugo" coma Aitor, Héctor Font e Gorka Azkorra.

Por outra banda, o ex gardamallas de Girona e Deportivo, entre outros, comentou que é tal a "igualdade" en Segunda que "un o dous partidos marcan a diferenza entre promoción e descenso".

Por último, Dani Mallo respostou que pesoulle non xogar contra o Deportivo no estadio de Riazor na decimosexta quenda, un dos seus antigos equipos e conxunto no que se formou, mais tamén "noutros campos". "Debo o máximo respecto aos meus compañeros", explicou.

Dani Mallo foi titular entre as xornadas cinco e novena, además da última fronte ao Alavés polo que contabiliza seis partidos de Liga e 540 minutos. Nestes encontros encaixou seis goles, o que conleva unha media dun tanto recibido por xornada. Además, disputou coma titular o partido de segunda rolda da Copa do Rei fronte ao Mirandés (1-1) e foi decisivo na quenda de penaltis.

Mañá, o equipo adestra a porta pechada dende ás once no estadio Ángel Carro. O primeiro adestrador, Quique Setién, atenderá aos medios en sala de prensa trala sesión.

Image