Skip to main content
Otras

Rolda de prensa de Fernando Seoane

O mediocentro Fernando Seoane compareceu este mediodía en rolda de prensa tralo primeiro adestramento de preparación para o encontro ante o Centre d´Esports Sabadell Futbol Club S.A.D. deste vindeiro domingo día 27 de outubro ás cinco da tarde no estadio

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

O mediocentro Fernando Seoane compareceu este mediodía en rolda de prensa tralo primeiro adestramento de preparación para o encontro ante o Centre d´Esports Sabadell Futbol Club S.A.D. deste vindeiro domingo día 27 de outubro ás cinco da tarde no estadio Ángel Carro na undécima xornada de Segunda. O xogador de Ames afirmou que o vestiario estivo "fastidiado" polo empate acadado en Huelva fronte o Recreativo (3-3), mais arestora xa están "pensando no Sabadell". De feito, Seoane declarou que a igualada "vese agora doutra maneira", aínda que nun primeiro momento foi "case unha derrota" porque, segundo o mediocentro, tiveron "o partido gañado". O centrocampista considera que "hai  que valorar" o rival que tiñan diante nun partido "moi difícil".

Fernando Seoane fai autocrítica e opinou que foron "erros" do Lugo os que levaron ao 3-3 final. De feito, o ex xogador do Nàstic declarou que "o 0-3 era enganoso" porque o equipo "tivo tres ocasións e marcou as tres" no primeiro tempo. "Viñémonos un pouco abaixo co 1-3", puntualizou.

En relación ao vindeiro rival, o Sabadell, Seoane dixo que "hai que ser fortes", moi especialmente como locais. Ao seu xuizo, "de aquí teñen que escapar poucos puntos". Para o medio, que cumple a súa terceira tempada no Lugo, o conxunto arlequinado debe ocupar a zona "media-baixa da táboa" clasificatoria. Seoane opinou que o Sabadell "cambiou o adestrador e varios xogadores", pero mantén "a mesma ou parecida idea" cun estilo de "bo trato ao balón" e con "goleadores coma Tamudo e Aníbal Zurdo". Destes dous puntas, Seoane lembrou que os albivermellos deberán estar "pendientes deles".

Seoane adiantou que os tres puntos en litixio deste domingo "van ser importantes" porque "van vir rachas malas" e "hai que ter marxe" cando cheguen os intres decisivos.

Fernando Seoane tamén recoñeceu que a Segunda División "sempre se caracterizou por ser moi igualada" e nesta ocasión "máis que en tempadas pasadas" posto que "non se ve un dominador claro" e hai "poucos puntos de diferenza" entre a zona alta e baixa polo de agora.

Por outra banda, dirixouse á afección poñéndose no seu lugar e aclarando que "é normal que a xente se ilusione, pense e soñé", máis fixo constancia da súa experiencia na categoría (cuarta tempada en Segunda pois xogou no Nàstic entre 2010 e 2012) ao afirmar que "cando se deciden as cousas é en abril e maio, nos dez derradeiros partidos".

Tamén fixo un repaso a este comezo de tempada ao dicir que deron "a cara ante todos" os contrincantes e fixeron "ben as cousas polo de agora".

Seoane foi cuestionado sobre a posible ausencia de Carlos Pita o domingo. O de Ames amosouse optimista de cara a recuperación do segundo capitán, lembrou que o adestrador ten "varias opcións" e que "calquera que xogue está adestrando ben". En relación a Rafa García, subliñou que posúe "moita tranquilidade co balón" e no caso de Álvaro Peña que xogou "moitas veces coma titular". "Todos son diferentes e entre nós adaptámonos ben", declarou.

Por último, Seoane destacou o "bastante bo nivel" e que "van polo bo camino" os canteiráns Keko, Laro e Dani Pedrosa. Os tres debutaron en competición oficial co Lugo o pasado mércores en Copa do Rei. O mediocentro lembrou que son "normais a tensión e o nerviosismo", ademáis de subliñar que están "acostumados ao ritmo" das categorías inferiores. "Teñen que seguir traballando e mellorando", recomendoulles.

O vindeiro adestramento está previsto para mañá ás once no estadio con rolda de prensa posterior de David de Coz. A práctica será a porta aberta

Image