Skip to main content

Seoane: "Imos a Granada coa ilusión de lograr a quinta”

O capitán do CD Lugo na previa da oitava xornada da Liga 123

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Un dos capitans do CD Lugo, Fernando Seoane, compareceu hoxe en Rolda de Prensa para facer un análise do que lle espera os albivermellos en Granada. Fernando amosou a ledicia que se está a vivir no vestiario, pero con cautela para non truncar a racha positiva: "A maioría xa ten experiencia en esta categorí­a e saben que son rachas que non se dan moi a menudo. Hai que intentar aproveitar a corrente que temos a favor e ir a Granada a conseguir a quinta. Imos con esa ilusión pero sin crecernos. Aquí a pouco que saques peito logo cho meten para dentro. A través do traballo imos a intentar conseguir a quinta victoria, pero ninguén está crecido nin pensamos esas cousas por levar catro victorias."

Fernando suliñou como unha das chaves de esta boa onda a adaptación dos novos elementos do equipo: "Sempre costa cando hai moitos cambios no equipo, tanto de xogadores como de adestradores. Costa un pouco que todo o mundo se aclimate a cidade, que atopen pisos e casas e que se adapten os compañeiros e a todo. Eso ten un proceso e parece que a xente vai estando cómoda, vaiese encontrando mellor e de ahí os resultados."

E todo tras superar un comezo máis dubitativo polos resultados: "O principio costounos un pouco porque, a nivel de xogo, igual estábamos bastante ben, pero houbo resultados que nos fixeron un pouco dano e parecía que non ibamos a lograr a victoria. O equipo seguiu traballando ben, durante a semana sempre se entrena ben, e o final os resultados chegaron a través do traballo e o esforzo."

Para o noso capitán, ainda que o vento sopre a favor, ainda restan aspectos por mellorar: "Sempre hai cousas que mellorar. E canto o xogo podémolo facer mellor. Cando temos balón hai cousas que mellorar e sen balón tamén. A competividade que estamos desmotrando, o traballo e o compromiso de todo o mundo, non hai pega que poñerlle. Eso en esta categoría é fundamental e da moitos puntos."

"Seo" ten este ano como compañeiro o recentemente chegado Ramón Azeez do que afirmoú: "É un xogador moi honrado, un chaval moi traballador, moi comprometido e estao facendo moi ben. Enténdomnos ben, a verdade e que é moi cómodo con él." Ámbolos dous, coas baixas de Carlos Pita e Sergio Gil, están xogado case todos os minutos, feito que Fernando valorou así: "Presión non, pero sabemos que non temos un recambio específico ainda que hai xogadores que se poden adaptar. Esta semana xa entrou Pita co grupo, pouco a pouco vai a ir collendo fondo físico, Sergio esperemos que canto antes esté e ir recuperando efectivos sin que os que estemos nos poñamos enfermos."

E o domingo o CD Lugo enfróntase o Granda, o que o mediocentro albivermello ve "moi complicado porque empezaron con dúbidas tamén. Agora levan duas victorias seguidas, o outro día remontaron nun campo moi difícil como o do Alcorcón e creo que estan collendo confianza. Sabemos que teñen un potencial moi grande con xogadores moi bos en tódalas liñas, e diante da sua xente van a tentar sair o 200%. É o que esperamos e ímonos preparar para afrontalo."

Un Granada que según Seoane "é de eses equipos que descenden e fan uns equipos moi bos, con presupuestos moi altos e logo teñen esa presión de estar dende a prieira xornada ata a última ahí arriba. A xente alí apreta tanto cando van ben, como cando van mal. Empezaron con dúbidas, pero ahora xa estan ben e esperámolos a tope."

Por último, o capitán rojiblanco expuxo as que para él serán as chaves do encontro do vindeiro domingo: "Sabemos que defensivamente temos que estar como nestas xornadas, moi ben. Despois si ique lles podemos facer dano nas transicions. Cando recuperemos balón, que deixan espazos, os seus laterais son bastante profundos, e seguramente ahí poidamos facerlle dano. Partindo da base de que hai que facer un traballo defensivo moi bo porque teñen xogadores moi desequilibrantes por fora, arriba xa coñecemos a Joselu...e a partir de ahí moito traballo, moitas axudas e non renunciar a sorprenderlles nunha contra ou en xogo combinativo."

Image