Skip to main content
Primer equipo

Seoane: "Queremos ser fortes na casa e que a xente estea contenta co que vexa"

O capitán falou en rolda de prensa antes do CD Lugo - Nàstic

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

O Capitán do CD Lugo, Fernando Seoane, compareceu este mediodía ante os medios de comunicación antes do partido do vindeiro sábado fronte o Nàstic de Tarragona. O xogadores de Ames subliñou a importancia de sumar puntos por enriba do posto clasificatorio: "O de arriba da igual. O que hai que sumar de tres. O importante non é a clasificación, a etas alturas e moi cedo para iso. O importante de verdade son os puntos que vaiamos sumando. Queremos ser fortes na casa, sumar de tres e que a xente estea contenta co que vexa. Esa e idea que temos de cara o partido."

Fronte os tarraconenses Fernando albisca un partido moi diferente o de Copa e no que non influirá o posto na tabula: "Non ten nada que ver. Cada partido é outra historia diferente, era unha competición e unhas circunstancia diferentes. Este xa é de Liga, eles teñen a necesidade de sumar de tres e nos queremos seguir sumando de tres. Súper complicado vai ser, que se non estamos ben vainos costar como calquera partido. Da igual que estean arriba, abaixo ou no medio, que tódolos rivais son complicados. Este non vai ser menos."

O centrocampista albivermello agarda un rival que foi evolucionando o longo do que levamos de tempada: "Empezaron regular e costoulle o posto o adestrador. Apostaron por Rodri que estaba no filial e sacaron algo máis de puntos. O outro día o resultado na casa foi un pouco enganoso porque estiveron bastante ben. Non tiveron moita sorte. Vai ser moi complicado, non nos podemos fiar da clasificación. Temos que estar mellor que diante do Valladolid para poder sacar os tres puntos."

Nas liñas inimigas estará o galego Manu Barreiro que para Fernando “é un gran dianteiro da categoría que fai moitas cousas ben, ten moito poderío físico e ten gol. É un xogador difícil de defender e haberá que estar axudándolle os centrais para que non estea cómodo."

Será ademais un encontro no que o “capi” viranlle recordos do pasado: “Xogadores xa non queda, creo que ningún, pero si queda xente do clube. Foi unha etapa de aprendizaxe total porque era unha categoría nova para min, un mundo moi profesional. Aprendín moito, curtinme moito e serviume dunha gran experiencia. Gardo grande recordos que me fixeron máis forte, axudáronme a crecer como futbolista e teño moito cariño."

E falando de recordos, Seoane confesou que aínda non se quitaron da cabeza o partido de Zorrila: "Esquecido non porque a verdade é que non estivemos nada ben. O mellor de todo foi o resultado e que os nosos dianteiros marcaron e xa sacaron un peso moi grande de enriba. Vailles vir moi ben para a confianza e a autoestima. Aparte o resultado: Dominaron case todo o partido e nos non estivemos ben. Hai que corrixir, traballar máis e mellorar. Agardamos que o sábado se vexa unha mellor versión do Lugo."

Para rematar, o centrocampista albivermello recoñeceu a dificultade que ten arbitrar finais como o do domingo pasado en Valladolid: "Paréceme unha labor moi complicada. Estaba un pouco nervioso porque eles querían remontar e botábaselle a xente enriba e estábaselle quentando un pouco o partido. Son situacións complicadas nas que ten que decidir moi rápido. Non é que o vaia a exculpar, pero non é que nos prexudicará en demasía. Para min o primeiro penalti, estaba cerca no campo, e non mo pareceu, e o segundo deles tampouco. A partir de aí, é un campo con moita xente apertando e é difícil tomar decisións. Equivócanse como nos equivocamos nos e non pasa nada. Outras veces favorecerannos e vai a ser así todo o ano."

Image