Skip to main content
Club

#TiAPosDeModa

O CD Lugo presenta a 1ª equipación nas rúas de Lugo

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Once e media da mañá dun día solleiro na cidade de Lugo. Os veciños e veciñas pasean tranquilamente nos arredores da muralla cando de repente...un grupo de danza, zancudos e ata un cuspelumes paralizan o paso de peons no semáforo entre o edificio da Xunta e a muralla. De pronto uha familia, no medio de todo o espectáculo amosa unha novidade esperada polos hincha albivermellos: Unha pequena o seu pai, e a súa nai, enfundados na nova camisola do CD Lugo para a tempada 2019/2020 deseñada por Kappa.

Unha posta en escena diferente que buscaba amosar a comodidade da nova camiseta e as moitas posibilidades que pode ofrecer máis aló de levala aso partidos. És ti quen a leva e ti que a pon de moda, quen loce con orgulo as cores albivermellas paseando en calquera cidade do mundo o simplemente indo mercar o pan. O deseño, que respeta a esencia albivermella, coas cores clásicas, introduce novedades nos recortes das mangas e na finalización das raias atravesadas por liñas horizontais que fan un efecto de degradado. A camiseta está xa dispoñible na #CDLUStore e tamén na web cdlustore.com

Image