Skip to main content
Club

O CD Lugo Genuine visita o Concello de Viveiro

Os xogadores pertencentes á fundación Aspanane foron recibidos pola alcaldesa viveirense, María Loureiro

Aún no hay reacciones. ¡Sé el primero!

Coa estrea da tempada 19/20 de LaLiga Genuine Santander a volta da esquina, o CD Lugo Genuine visitou este mediodía o Concello de Viveiro. Una visita que se suma a xa realizada ao Concello de Burela e aos diferentes adestramentos que levan a cabo os integrantes e as integrantes do conxunto albivermello. 


Os xogadores pertencentes a Aspanane foron recibidos pola Alcaldesa viveirense, María Loureiro e a Concelleira de Benestar Social, Victoria Baamonde.  A representación do CD Lugo Genuine, encabezada por Paz Bergantiños, entregou as autoridades unha camiseta e un álbum fotográfico como agradecemento ao apoio que recibe por parte do concello. As nosas estrelas Genuine estivero acompañadas tamén por Elena Santos, xerente de Aspanane. 

Sobre LaLiga Genuine Santander

LaLiga Genuine Santander é unha iniciativa pioneira consistente na creación dun campeonato para persoas con discapacidade intelectual. Xurdiu en 2017 e esta tempada continua crecendo e contará coa participación de 36 equipos. Real Betis Balompié, Cádiz CF, CD Tenerife, Elche CF, Granada CF, Getafe CF son as incorporacións dunha iniciativa que trá a súa primeira quenda os días 15, 16 e 17 de novembro en Tarragona.  

En LaLiga Genuine non só suman os resultados deportivos, tamén o fan as atitudes positivas de deportividade que se mostren durante os partidos. Por iso, os equipos contarán en cada xornada cunha serie de puntos que premiarán o comportamento e as accións de deportividade y xogo limpo de xogadores, técnicos y affeccionados. Ao final da liga haberá un premio ao equipo que sume máis vitorias e outro ao equipo que consiga maior puntuación en termos de ‘fair play’.

Image